"Érase unha vez... a Ópera" é un espectáculo orixinal dirixido a un público infantil e/ou familiar, que persegue, xunto ao lóxico desexo de divertir, o propósito de interesar e instruir ao público infantil no marabilloso mundo da Ópera.
Unha grande diva da ópera retirada, Mme. Spaghettini, rememora a súa magnífica carreira artística como excusa para facer unha excitante viaxe a través da ópera dunha maneira sinxela, amena e divertida.
Mentres terminan de acomodarse os últimos espectadores, Mme. Spaghettini fala co gran compositor Mozart que, cada vez que se entera de que se van representar algunhas das súas obras, sae pitando da súa tumba para presentarse no teatro e entablan un divertido diálogo...
Tras un breve pero interesante percorrido pola vida destes grandes da ópera, Mme. Spaghettini comeza a recordar as súas actuacións e a maxia das súas palabras convírtese en realidade aparecendo en escena Mimí, Rodolfo, Amina, Liù, Zerlina, Despina, ou a geisha Cio-Cio San entre outros que escenifican as escenas máis significativas de "La Bohème", "La Sonnambula", "Don Giovanni", "Cossí fan tutte", "Turandot", "Madama Butterfly",...
Este proxecto da Asociación Lírica de Galicia trata de adaptar as óperas máis coñecidas para achegar ao público infantil e familiar ao mundo da lírica.
As propostas artísticas da Asociación Lírica de Galicia para nenos caracterízanse por ter un alto valor didáctico e lúdico. Son produccións de mediano formato que poden adaptarse a calquera espacio escénico que permita colocar unha mínima infraestructura: colexios, bibliotecas, centros cívicos, salóns de actos, baixo un concepto de ruptura co espacio escénico convencional. Desta forma pretendemos provocar o achegamento de novos públicos á ópera e á lectura de autores clásicos.

|
|