O Canto Lírico, inspiración destes compositores no programa que nos ocupa,( motivo de outro programa sería cando algúns deles quixeron resaltar a riqueza e beleza da nosa música folclórica) brillará na interpretación destas obras, tratadas coa estilística interpretativa do repertorio universal para voz e piano. Buscaremos nelas resaltar o bel canto, a pureza das melodías e o coidado no equilibrio entre piano e voz, co mesmo respecto e devoción que cando se interpreta a Schubert ou Faurè.
Este díficil pero enormemente gratificante cometido será llevado a cabo por tres das principais solistas da Compañía Lírica de Galicia: Teresa María Vázquez, Susana de Lorenzo e Paloma Silva, todas elas con actividade musical habitual, profesionais formadas entre nós e con recoñecemento dentro e fóra de Galicia polo seu nivel artístico en ópera, zarzuela e recitais. Ao piano estará Javier Ares, concertista, musicólogo e profesor no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Todos eles coordinados polo barítono e mestre de canto, Fernando Balboa, creador e director da Compañía Lírica de Galicia. A dirección técnica corre a cargo de Pilar Cabrera, profesora de Historia da Arte, e con anos de traxectoria na organización de espectáculos musicais.

|
|
|