A Compañía Lírica de Galicia nace no ano 2006 como instrumento da Asociación Lírica de Galicia para contribuir á difusión e á promoción da Música e o Teatro Musical propiciando a difusión do xénero Ópera, Zarzuela e Canto Lírico en xeral para achegalo, coas súas montaxes sinxelas pero efectivas e vistosas a aquelas persoas que polo seu afastamento dos grandes circuitos musicais non poden disfrutar destes espectáculos.
Dada a grande afición que en Galicia hai por este xénero decidimos deseñar espectáculos que faciliten a difusión da lírica e do teatro lírico para que chegue a todos os públicos sen que sexa impedimento o lugar xeográfico apartado dos circuitos ao uso ou o dispor de grandes infraestructuras de montaxe
Cremos que se pode facer, e de feito faise en todo o mundo, un espectáculo de calidade sen grandes desplegues efectistas que moitas veces disimulan a ausencia dun bon facer no artístico ou no musical.
É notable a emoción que percibimos no público cando recoñecen no seu propio auditorio as obras que só lle resultaban accesibles a través de gravacións ou retransmisións televisivas. A cultura, o teatro e a música sempre gustan a todos os sectores do público. Só é preciso coñecela.