O blogue da Lírica
Contacta con nosotros
  • Inicio
  • Quen somos
  • Fotos
  • Vídeos
  • Prensa
  • Contacto
Imagen
A MÚSICA CANTADA MÁIS SUBLIME

Neste ecléctico programa presentamos, fóra de todo criterio histórico, de xénero, ou musicolóxico, o que consideramos parte das obras máis belas xamais escritas para a voz humana.

Incluímos algúns números de ópera de Mozart, Verdi, Puccini e Wagner; lieder de Schuman, Schubert, Mahler, Brahms e Strauss e Obras mestras de Chapí, Mompou, Toldrá ... nunha aproximación ao canto desde a perspectiva da “música pura” unida a un texto de calidade, lonxe de efectismos ou da procura fácil do aplauso.

Centrámonos na máxima intensidade da esencia de cada obra que afrontamos como unha verdadeira experiencia trascendente.

sigue lendo e escoita un fragmento
Picture
TARDE DE ZARZUELA

Selección das máis  emblemáticas Arias e Romanzas das Zarzuelas máis representativas ofrecidas,  a modo de Concerto,  polos Solistas da Compañía Lírica de Galicia que farán disfrutar ao público máis exisente dunha tarde inolvidable onde a Zarzuela é a protagonista principal.
​
"La del Manojo de Rosas", "La Tempranica", "El Dúo de la Africana", "El Barquillero", “La Canción del Olvido”, “La Gran Vía”, “La Tabernera del Puerto”, "El Niño Judio", "La Rosa del Azafrán" entre otras sucédense  nunha amena tarde que non vai deixar a ninguén indiferente

SIGUE LENDO E ESCOITA UN FRAGMENTO
Imagen
ANTOLOXÍA ESCÉNICA DE ZARZUELA
Selección das escenas máis populares e emblemáticas das Zarzuelas máis representativas, unidas todas elas nunha nova producción na que os dúos, romanzas, tercetos, cuartetos e demais números de conxunto, enlázanse nunha fermosa unidade dramática, formando o espectáculo, “Antoloxía Escénica de Zarzuela”, con fragmentos de “Luisa Fernanda”, “Marina”, “La Canción del Olvido”, “El Dúo de la Africana”, “La Gran Vía”, “El Carro del Sol”, “Alma de Dios”, “La Tabernera del Puerto”, etc;

É unha montaxe enormemente expresiva, que une o vistoso, o divertido, o emotivo e o cómico e nos transporta nunha viaxe a través do noso Teatro Cantado desde o máis heroico ao máis sinxelo, popular e ata festivo.

SIGUE LENDO E ESCOITA UN FRAGMENTO

Imagen
GALA LÍRICA DE ÓPERA E ZARZUELA

Neste programa presentamos os máis emblemáticos números de ópera e zarzuela. O criterio que os une é a calidade e popularidade deste repertorio. Foi deseñado buscando as obras que calquera afeccionado ao xénero coñece e que ademais consideramos teñen unha calidade musical que as destaca.

Escoitar este repertorio é éxito seguro interpretado polos solistas da Compañía Lírica de Galicia, o público reaccióna con sorpresa e entusiasmo ao recoñecer as súas arias favoritas de sempre e que garda na súa memoria, magníficamente cantadas, pois se trata do repertorio que todo cantante profesional debe saber defender e o cal lle abre paso a todos os escenarios, e que as fixeron célebres as voces máis famosas da historia do Canto. Por tanto, son obras traballadas exhaustivamente, en busca da perfección técnica e artístisca para mostralas nos principais eventos líricos, e que agora unificamos nun exquisito recital que sempre resulta inesquecible pola súa calidade, diversidade e o emocionante das grandes melodías vocais do teatro lírico.

sigue lendo e escoita un fragmento

Picture
Canción Galega de Concerto: de Curros a Toldrá
​

A Compañía Lírica de Galicia ofrécenos, nesta actuación, unha antoloxía de Cancións Galegas de Concerto, con texto, todas elas, de poemas de autores galegos.
 Estas xoias do noso poemario foron apreciadas polos nosos compositores e por outros de fóra da nosa terra, que seducidos pola súa beleza e calidade,  puxéronos en música con resultados verdadeiramente afortunados, como é o caso de García-Abril, Matilde Salvador ou Eduardo Toldrá.
A Compañía Lírica de Galicia  preséntaas xunto ás obras máis entrañables e queridas do repertorio lírico galego, coñecidas de todos os afeccionados á música a maioría de elas e tamén polo público menos erudito, porque en ocasións convertéronse en Cancións de Sempre para os galegos.
Todas as obras deste recital son de autor, concibidas como obras de Concerto e como tales van  ser tratadas e interpretadas.



Sigue lendo e ESCOITA UN FRAGMENTO

Imagen
ÉRASE UNHA VEZ A ÓPERA

"Érase unha vez... a Ópera" é un espectáculo orixinal dirixido a un público infantil e/ou familiar, que persegue, xunto ao lóxico desexo de divertir, o propósito de interesar e instruir ao público infantil no marabilloso mundo da Ópera.

Unha grande diva da ópera retirada, Mme. Spaghettini, rememora a súa magnífica carreira artística como excusa para facer unha excitante viaxe a través da ópera dunha maneira sinxela, amena e divertida.

Sigue lendo e ESCOITA UN FRAGMENTO

Powered by Create your own unique website with customizable templates.